Superando todas as expectativas celebrab Petín o seu magosto na tarde do martes 31 de outubro. Unha festa tan popular como tradicional que reunía a máis de 500 persoas no patio da Casa da Cultura. “Nunha houbera tanta xente (550 entradas vendidas), foi impresionante”, asegura a alcaldesa, Raquel Bautista.
Alí, ademais das castañas asadas e por 1 euro que custaba a entrada, os asistentes puderon degustar chourizo con pan e viño, pasando unha entretida tarde de outono.
Fotos cedidas.