DeportesÚltima hora

O martelista Carlos Revuelta, terceiro no campionato de España por federacións

Carlos Revuelta, nunha competición anterior desta tempada./ Foto cedida.

 

Entre os atletas da selección galega que están a competir nesta fin de semana en Hospitalet no Campionato de España por federacións autonómicas está o valdeorrés Carlos Revuelta Parra. O lanzador de martelo conseguía esta tarde situarse terceiro na súa proba cun lanzamento de 61,21, nun concurso no que se impoñía o andaluz Alberto González cun rexistro de 65,92 m.

Nesta ocasión, Revuelta era o único atleta valdeorrés dentro da selección galega que viaxaba a terras catalás. Por autonomías, o resultado final nesta competición da Federación Galega de Atletismo foi o oitavo.

 

A selección galega en Hospitalet./ Foto: FGA.

 

Resultados da actuación galega por probas:
2º Mauro Triana nos 100 m. con 10.58
8ª Adi Iglesias nos 200 m. con 24.47
6º Pedro Juncal nos 400 m. con 47,62
10ª Raquel Meaños nos 800 m. con 2:13.39
10º Carlos Porto nos 1.500 m. con 3:56.62
3ª Edymar Brea nos 3.000 m. con 9:19.08
11º Esteban Iglesias os 5.000 m. con 15:10.27
9ª Lucía Ferrer nos 100 valos con 14.37
12º Santi Rozas nos 400 valos con 56.23
12º Xoel Rodríguez nos 3.000 Obst. Con 10:22.10
5ª Jean Marie Okutu en lonxitude con 7.32
1ª Alba Cuns en triplo con 12.94
12º Raúl Cortizo en altura con 1.95
9ª Bea Viteri en pértega con 3,20
11ª Jaime Arias en peso con 12,92 m.
10ª María Ezquerro en disco con 37,12 m.
3º Carlos Revuelta en martelo con 61,21
1ª Yulenmis Aguilar en xavelina con 58.03
5ª Carmen Escariz nos 5.000 marcha con 23:55.56
8º Relevo mixto 4×100 con 44.16
10º Relevo mixto 4×400 con 3:33.26

Artigos relacionados

Back to top button