ConcellosO BarcoÚltima hora

O Papá Noel do CCA chega á súa casiña de Nadal, na praza do Concello do Barco

 

Entre saúdos e abrazos recibía aos máis pequenos o Papá Noel do Barco Centro Comercial Aberto (CCA) que esta mañá se instalaba na súa Casiña, situada na praza do Concello. Ata alí se achegaban nenos e nenas para facerlle as súas peticións e tamén para fotografarse con el.

Así tanto este venres 22 como o sábado 23 de decembro Papé Noel seguirá recibindo aos nenos en horario de 11:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas. “Todo o que queira poderá achegarse ata alí para sacarse unha foto gratuíta no noso fotomatón”, destacan dende o CCA.
Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button