OurenseÚltima hora

O “patrimonio muiñolóxico na conca do río Támega”, obxecto da tese doutoral do arquitecto técnico Daniel Blanco

Trátase do primeiro caso de doutoramento comunicado ao colexio provincial de Ourense

Fotografía tomada o día da defensa e nela aparecen (de esquerda a dereita): Begoña Bas López, Fátima Braña Rey, Beatriz Pilar Comendador Rey, o arquitecto técnico Daniel Blanco Rivero,  José Manuel Morais Lopes Cordeiro e Mónica Alcindor Huelva./ Foto cedida.

 

O Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Ourense acaba de recibir a nova de que a tese doutoral do arquitecto técnico Daniel Blanco Rivero foi cualificada con sobresaínte Cum Laude, “todo un orgullo para a Xunta directiva do colexio e as súas empregadas, así como para o resto de persoas colexiadas”.

Así mesmo, dende esta entidade colexial explícase que “o motivo de dar difusión a dita nova é que na actualidade a porcentaxe de arquitectos/as técnicos/as que alcanzaron o título de doutor/a en España aínda é moi baixa (segundo datos do Consello Xeral da Arquitectura Técnica de España) e esperamos que este aumente exponencialmente. Ademais, trátase do primeiro caso comunicado a este colexio provincial de Ourense”.

Esta tese, titulada “Patrimonio muiñolóxico na conca do río Támega” e dirixida pola doutora Beatriz Pilar Comendador Rey e polo doutor Francisco da Silva Costa, presenta un estudo sobre os muíños tradicionais de auga da contorna da cunca hidrográfica do río Támega, co “obxectivo de contribuír ao coñecemento dos mesmos e a poñer freo á perda patrimonial deste conxunto patrimonial mediante a promoción de accións sostibles de recuperación e difusión”.

Artigos relacionados

Back to top button