Con dúas medallas remataba a súa participación na I Copa Galega de Sprint o padexeiro valdeorrés Adrián Prada Pérez, que nesta tempada está no Club Piragüismo Rías Baixas e é adestrado por Michael. Nesta competición, que se celebraba este sábado 1 de abril en Verducido, tomaba a saída en K-2 sénior 1.000 m, xunto a Joaquín Iglesias, logrando facerse coa medalla de bronce cun rexistro de 00:03:33,08.
Ademais o valdeorrés competía en K-4 1000 m (nun barco compartido con Joaquín Iglesias, Miguel Ordóñez e Pablo Silva), proba na que lograban a prata cunha marca de 00:03:17,18.
Fotos cedidas.