CulturaEducaciónÚltima hora

O programa FalaRedes espállase pola provincia de Ourense

O concerto-obradoiro infantil “Brinca vai de aquí a acolá!” chega a Xunqueira, Viana, O Bolo e A Rúa
Un dos concertos de "Brinca vai de aquí a acolá!".
Un dos concertos de “Brinca vai de aquí a acolá!”.

O programa de fomento do galego FalaRedes, leva esta semana a proposta “Brinca vai de aquí a acolá!” a cinco concellos da provincia de Ourense, incluídos na Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

Así, o concerto-obradoiro infantil chegará o sábado 15 de novembro ás localidades de Xunqueira de Espadanedo (ás 12h. no Salón dos Claustros) e de Viana do Bolo (ás 18h. na Casa da Cultura). O domingo 16 fará parada en O Bolo (ás 13h. no Salón Multiúsos do Castelo) e na Rúa (ás 17h. no Centro Cultural Avenida).

Dirixido a nenos e nenas de 6 a 9 anos e ás súas familias, no “Brinca vai de aquí a acolá!” o artista Paco Nogueiras, sempre acompañado do seu característico chapeu, bota man dun amplo abano de estilos e contrastes, dende o tecno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, aínda que sen esquecer as influencias tradicionais.

A música actúa así como fonte de transmisión do galego ao promover que a xente miúda siga cantando as cancións tras finalizar a actividade, na que os nenos e nenas cantan, bailan e brincan, gozando dunha auténtica festa na nosa lingua.

Coma sempre en FalaRedes, a entrada será libre e de balde ata completar a capacidade das salas.

Artigos relacionados

Back to top button