A RúaConcellosÚltima hora

O rock de La Última Legión, un dos pratos fortes nas Festas da Rúa

 

Continúan as festas de verán na Rúa e, no que ao apartado musical se refire, tralo concerto da banda de rock La Última Legión que coas súas particulares versións dos grupos máis representativos das últimas décadas, tanto nacionais, como internacionais animou a noite do venres, na xornada deste venres tocaralle o turno á orquestra La Fórmula que actuará en sesión de tarde e verbena.

 

 

Seguindo coa animación musical, prato forte das festas, mañá domingo día 6 de agosto pola mañá haberá pasarrúas e animación coa charanga Unión Phenosa, cunha selección de música de calidade en directo de todos os estilos e para todos os públicos. E xa pola tarde, a partir das 21:45h. subirase ao escenario a orquestra Kubo, repetindo actuación na verbena a partir das 0:45h.

 

 

Así chegaremos ao último e día grande das Festas de Verán, o luns 7 de agosto (festivo local). É tamén a Feira do Ano en Fontei, con numerosos postos de comida e todo tipo de produtos así como pasarrúas a cargo da charanga BBB.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button