En portadaÚltima hora

O valdeorrés Agustín González recibe a Distinción ao Mérito Deportivo

Agustín González (á esquerda da imaxe), recibindo a súa distinción.

 

Un total de 106 deportistas eran premiados en recoñecemento ao seu labor, traxectoria exemplar e contribución á promoción, fomento e excelencia do deporte ou da educación física na gala celebrada onte en Santiago na que se outorgaban as Distincións ao Mérito Deportivo. Entre esas persoas estaba o valdeorrés Agustín González “Tinín”, presidente do Club Adas Cupa do Barco e impulsor do deporte escolar na comarca.

 

 

“É un destacado e carismático directivo e adestrador, é a alma mater do ADAS CUPA e o gran impulsor do tecido atlético na comarca de O Barco”, tal e como destaca a Federación Galega de Atletismo. Outro dos ourensáns homenaxeados está vinculado tamén a este deporte. Trátase de Germán González Sánchez (Pereiro de Aguiar), adestrador ourensán e gran impulsor do atletismo tanto na cidade de As Burgas como de Pereiro de Aguiar donde dinamiza e preside o club Ben Cho Shey.

 

Mario Guede, Conchita Villar e Manuel Perez, “os tres xefes de servizo cos que compartín o deporte escolar durante case 30 anos”, di Agustín González.

 

Estes galardóns outórganse anualmente e en número non limitado, mediante resolución da Presidencia da Xunta de Galicia, logo da proposta motivada do xurado cualificador.

 

 

As persoas e entidades galardoadas nesta ocasión foron:

Agustín González Ruiz, Alejandro Avecilla Porto, Alfonso Sanmartín Carbón, Alfredo Pérez Gómez, Álvaro Pino Couñago, Amador Lorenzo Lemos, Ana Silva Rodríguez, Ángel Cid Manzano, Antonio García Hermida, Arturo Fernández Seara, Augusto Joaquín César Lendoiro, Beatriz Seijas Couce, Bernardino González Vázquez, Bernardino Lombao Sotuela, Carlos Miguel Rodríguez, Carlos Raimundo Mera Rodríguez, Carmen Barro Pita, Club de Tiro Eiroás, Club Deportivo Lugo, Concepción Villar Recibuto, Coruxo Fútbol Club, Daniel Aguilar González, David Cal Figueroa, Ernesto Falcón Padín ‘Teto’, Escola Naval de Marín, Estefanía Martínez Figueroa, Estrella Castrillón Vidal, Evaristo Puentes Leira, Fernando Fernández Allende, Fernando Octavio Tallón, Francisco Teixeira Lloret, Germán Castrillón Permuy, Germán González Sánchez, Guillermo Sande Covelo, Ignacio Lobón Tovar, Ignacio Martín Esperanza Tejada, Irene González Basanta, Isidoro Feijoo Anseán, Jaime Amorín Gómez, Javier de la Gándara Alonso, Jesús de la Torre Cruz, Jesús Morlán Fariña, Jesús Pumares Rodero, Jorge Bermello Fernández, Jorge Gómez Barril, Jorge Otero Bouzas, José Antonio Lobelle Quintillán, José Carballeda Pérez, José Fernández Prado, José García Varela ‘Ventosa’, José González González, José López de la Fuente, José Manuel Hermida García, José Manuel Pérez Otero, José Mario Guede Fernández, José Óscar Fernández Serantes, José Ramón Meilán Devesa, José Ricardo Fernández Rodríguez, Juan Álvarez Renda, Julio Constantino Bouzo Couceiro, Lisardo Gómez González, Luciano Soto Carballo, Magín Alfredo Froiz, Manuel Barreiro Lores, Manuel de Castro ‘Hándicap’, Manuel del Castillo Coello, Manuel Díaz Souto ’O Neno’, Manuel Franco Martínez, Manuel García Martínez ‘Parodi’, Manuel López Eiriz, Manuel López Martínez, Manuel Miranda Pena, Manuel Teijeiro Valledor, María Dolores García Pérez ‘Loly’, María Isaura Hermida Pérez, María José Garrido Blanco, María Luisa Armesto Miguel, María Varela Bardanca, Marisa Giráldez Rodríguez, Mauro Thomas Núñez, Miguel Ángel Salgado Fernández ‘Michel’, Pedro Cuesta García, Pontevedra Club de Fútbol, Quino Salvo Pas-tor, Racing Club de Ferrol, Rafael Domínguez Gago, Ramiro Bravo Díaz, Ramiro Losada Bastos, Ramón Blanco Suárez, Raúl Araujo Pérez, Raúl García de Loza, Real Club Celta de Vigo, Real Club Deportivo de La Coruña, Roberto Amado Castro, Roberto Bermúdez de Castro ‘Chuny’, Serafín Carballo Carballeira, Severino Ramón Amarelle García, Sociedade Deportiva Compostela, Sociedade Deportiva Samertolameu, Sociedade Deportiva Sin Querer, Sociedade Deportiva Tirán, Soledad Castro Soliño, Verónica Díaz Rodríguez, Vicente Torres Prada, Víctor Sieiro Asorey, Xogadoras Xuncas Baloncesto e Xulio José Conde Blanco.

 

Deportistas ourensáns galardoados nesta edición.

 

Neste acto contábase, entre outras autoridades, co presidente da Xunta, Alfonso Rueda,  e co vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo.

Fotos cedidas.

 

Agustín González con Manuel Pérez, no acto.

 

Artigos relacionados

Back to top button