O vindeiro luns, 21 de marzo, o director da UNED Ourense, o petinés Jesús Manuel García, achegarase ata o IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras para falar cos estudantes de Bacharelato sobre la Universidade Nacional a Distancia.
Jesús Manuel García Díaz (1966) é doutor en Historia Contemporánea e licenciado de grao en Patrimonio Histórico, pola Universidade de Vigo, e licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e director da UNED Ourense dende o 2018 e no instituto barquense falará, entre outros temas, sobre as posibilidades e facilidades que dá a Universidade a distanci, as materias que se poden cursas, condicións de matriculación, etc.