EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

O valdeorrés Xosé Manuel Merelles, novo director de Turismo de Galicia

O rues Xosé Manuel Merelles Remy.

 

Na súa reunión deste xoves o Consello da Xunta vén de nomear ao valdeorrés Xosé Manuel Merelles Remy como novo director de Turismo de Galicia. Nado na Rúa (Ourense), é licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid.

Traballou en varios medios de comunicación ata chegar á Xunta de Galicia no ano 1991, onde foi redactor no gabinete de comunicación da Presidencia, así como xefe de prensa na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e en Sogama. Desde xaneiro de 1999 ocupaba a Xefatura da Área de Comunicación da Axencia de Turismo de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button