CulturaCulturaÚltima hora

O VIII Festival Internacional de Curtas de Verín quenta motores

Últimos días para mercar as entradas para o espectáculo "Encerrona" de Pepe Viyuela, previsto para o sábado 9 ás 20h.

 

Todo a punto para o VIII Festival Internacional de Curtas (FIC) de Verín Vía XIV que erguerá o pano na tarde do venres 7 de setembro. A organización pecha os últimos detalles dunha edición na que participarán máis de trinta curtas e que medra tanto na organización de actividades como nas seccións, ao incorporar unha nova de curtas infantís.

O acto inaugural desta mostra terá lugar mañá ás 20:30h. no Auditorio de Verín co pase do documental Un viaje hacia nosotros, un traballo de 70 minutos de duración dirixido por Luis Cintora e guionizado e protagonizado por Pepe Viyuela. O propio actor participará no debate posterior que se celebrá no recinto tras a exhibición do documental. Ademais ás 22h., dentro das actividades paralelas do FIC Vía XIV 2023, desenvolverase no espazo exterior do Auditorio un Túnel do Viño promovido pola D.O. Monterrei. Logo, ás 22:30 h. poderá asistirse a un concerto de Banda de Garda, tamén no espazo exterior do Auditorio.

 

 

“Penso que o programa desta edición está moi ben, temos varias actividades con aforo completo das que son de inscrición e esperamos que non choiva. E animamos á xente a participar e achegarse ata o festival”, sinala o director do FIC, Carlos Montero.

 

O auditorio de Verín será o escenario do FIC.

 

Últimos días para mercar as entradas de “Encerrona” de Pepe Viyuela

O sábado 9 de setembro, no marco do Festival Internacional de Curtametraxes de Verín Vía XIV, Pepe Viyuela ofrecerá ás 20h. un pase do seu espectáculo “Encerrona”, que se basea en achegar ao público unha reflexión sobre o cotián desde a perspectiva do pallaso. Este peza é unha reflexión sobre o cotián desde a perspectiva do pallaso. O personaxe vive a experiencia de quedarse atrapado no escenario.

As entradas aínda poden mercarse en https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/teatro/auditorio-de-verin/15838–encerrona-de-pepe-viyuela.html

Xa son poucas as entradas que quedan á venda polo que dende a organización de FIC se anima a aqueles que aínda non a teñan a facerse con unha para poder desfrutar deste espectáculo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button