CulturaCulturaÚltima hora

“O Xogo de Versalles” de Gargallada Teatro, na XI Mostra de Teatro Afeccionado Terras do Orcellón

A representación desta obra, con dirección de Tito Asorey e Manuel Caramés, está prevista para o domingo 21 de outubro ás 19h. no Auditorio do Carballiño
Unha das escenas de “O Xogo de Versalles” de Gargallada Teatro./ Foto: A.R.

A última obra da compañía valdeorresa Gargallada Teatro, “O Xogo de Versalles”, ten sido seleccionada para participar na XI Mostra de Teatro Afeccionado Terras do Orcellón, que se desenvolverá do 7 de outubro ao 4 de novembro no Auditorio Manuel María do Carballiño. A representación desta obra, con dirección de Tito Asorey e Manuel Caramés, terá lugar o domingo 21 de outubro ás sete da tarde.

Esta peza, que se estreaba o 8 de xuño no Teatro Lauro Olmo do Barco, presenta a catro personaxes nunha intrincada comedia: Jean Baptiste Lully (Lalo Santos), Jean Baptiste Poquelín “Molière” (Manuel González), a raíña María Teresa de Austria (Reyes Limia) e Mademoiselle de la Valière (Aurora Fernández). “O xogo de Versalles” é unha versión libre de “El idiota de Versalles” de Chema Cardeña.

 

Cartel deste festival do Carballiño.

 

“Fuga” no XVII Festival Agustín Magán de Compostela

Por outra banda, dende Gargallada Teatro tamén sinalan que outra das súas obras, “Fuga”, foi seleccionada para participar no XVII Festival Agustín Magán, que terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela entre o 30 de outubro e o 3 de novembro. Gargallada abrirá o festival o martes día 30 ás oito e media da tarde.

Artigos relacionados

Back to top button