DeportesÚltima hora

O xogo “dende a casa”, na edición de abril de O Sil Deportivo

 

O deporte é un dos sectores que antes se viu afectado pola pandemia do Covid-19. De feito as diferentes federacións, tanto nacionais como autonómicas, foron suspendendo as actividades e calendarios antes de decretarse o estado de alarma, debido ao número de persoas que arrastran (non só aos propios xogadores e directivos, senón tamén ao público).

 

 

E a verdade é que falar de equipos e partidos de fútbol sen ir ao campo; de carreiras e atletas sen ir ás pistas; ou de probas ciclistas sen poder is aos circuítos, non resulta nada doado.

 

 

Pero así é como están os deportistas, confinados e sen poder competir dende hai xa case un mes. Por iso, no número de abril de O SIL Deportivo decidimos poñernos en contacto cos responsables de algúns dos moitos clubs que hai na provincia de Ourense, para que nos contaran como están a levar o estado de alarma, un tempo no que todos seguen en contacto cos membros dos equipos, mentendo, na medida do posible, a forma física na casa.

 

 

Non están todos pero si unha boa representación de diferentes disciplinas. Dende o baloncesto, co seleccionador nacional feminino Lucas Mondelo que vive en Xapón, ou o fútbol con presidentes como Daniel Ramos (C.D. Barco); sen esquecer o atletismo con Agustín González (Adas Proinor) ou Fernando Navarro (Atletismo Rúa), o rugby con David Monreal (adestrador do Campus Univ. Ourense RC), ou a natación artística, entre outros moitos.

 

 

Quen desexe coñecer o día a día da corentena de todos estes deportistas ourensáns, pode facelo nesta edición de O SIL Deportivo que vén incluído no número de abril de O Sil, á venda en librarías e quioscos dende primeiros de mes.

 

Artigos relacionados

Back to top button