CulturaCulturaÚltima hora

O xornalista Paco López-Barxas presenta o libro “Ben-Cho-Shey inédito” en Santiago

 

“Ben-Cho-Sey inédito” (Auga Editor) é o título do novo libro do escritor e xornalista Paco López Barxas que presentaba o pasado mércores 30 de outubro na Librería Couceiro de Santiago de Compostela. Nel recolle unha serie de textos deste intelectual ourensán, como as Cartas mallorquinas.

O volume inclúe ademais unha serie de ensaios breves nunca antes editados que se ocupan de temas diversos e unha selección epistolar con cartas de Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Francisco Fernández del Riego, Cela, Antonio Fraguas, Ramón Piñeiro, Rodolfo Prada o Pura Vázquez, entre outros. O volume complétase cunha informada biografía de Ben-Cho-Shey que proporciona claves para comprender os textos de Fernández Oxea.

O acto contaba coa presenza do escritor, así como do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o editor da obra, Xosé A. Perozo, e o crítico e investigador Armando Requeixo. Na súa intervención, Valentín García recordaba que López-Barxas “foi unha das persoas que tivo unha relación máis estretai con Ben-Cho-Shey nos últimos anos da súa vida, así que non podía haber ninguén máis idóneo que el para escribir este traballo de reivindicación dunha figura tan valiosa como descoñecida para o gran público e pouco recoñecida en xeral”. Unha cercanía que ten o seu reflexo no volume “que hoxe presentamos”, engadía.

Xosé Ramón Fernández Oxea (Ourense, 1896 – Madrid, 1988), máis conocido polo seudónimo literario Ben-Cho-Shey, foi un xornalista, escritor e investigador membro da Xeración Nós cuxa ampla e variada obra abrangue desde a arqueoloxía á etnografía, pasando pola historia ou a creación literaria. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudios Galegos e  do Partido Galeguista. Na posguerra, ingresou na Academia de la Historia de Madrid, na Real Academia Galega e na Sociedade Xeográfica de Lisboa, entre outras institucións.

Artigos relacionados

Back to top button