
O vindeiro xoves 23 de marzo impartirase no Centro de Saúde do Barco o “Obradoiro: Alimentación saudable para toda a familia”, unha iniciativa destinada a familias con nenos de máis de 3 anos. Haberá dous grupos: Grupo 1: 16:30h – 18h Grupo 2: 18:30h – 20h.
As persoas interesadas en inscribirse poden facelo no enderezo electrónico Natalia.Sordo.Arias@sergas.es.
Ao anotarse deberá espificicarse o interese en inscribirse a este obradoiro, xunto co horario de preferencia, nome e un teléfono de contacto.