CulturaCultura

Os cativos e o Mago Xocas, protagonistas do “Entroido miúdo” en Rubiá

 

Na tarde deste domingo, 23 de febreiro, o cor, a fantasía e o ritmo de dezaseis comparsas tomaban as rúas de Rubiá nun concorrido desfile de Entroido, pero non foi a única actividade organizada polo Concello para celebrar esta tradicional festa.

Na tarde do sábado, día 22, tiña lugar na Casa da Cultura o “Entroido miúdo” que contou con varios protagonistas: os cativos e o Mago Xocas que despregaba todo un repertorio de divertidos trucos para conquistar aos nenos e tamén aos adultos que os acompañaban. Despois, todos xuntos compartían unha merenda e música ata as sete da tarde.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button