O grupo de “Ecovixiantes de Franciscanas”, en Ourense, vén de participar na campaña medioambiental “Un metro cadrado polos ríos, encoros e pantanos” de ámbito nacional. No caso de Ourense, retiraron 125 quilos de plásticos no Parque Miño, na Praia da Antena e no Encoro de Velle.

Ademais, os ecovixiantes participan na II Liga Escolar de Recollida de Pilas Usadas da Xunta de Galicia. Entre 150 centros educativos de Galicia, xa recolleron 1.057 quilos.
Fotos cedidas