O grupo de Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense realizaba os últimos traballos ambientais antes do parón da Semana Santa, entregando máis dunha tonelada de tapóns solidarios ao CEIP Seixalvo dentro da campaña de enfermidades raras ‘Arrinca o Tapón’.
Tamén completaban a súa participación na VI Liga Pilabot de recollida de pilas usadas, con máis de cinco toneladas entregadas.



