DeportesÚltima hora

Os Escualos fanse notar no campionato galego de inverno de natación máster celebrado en Lugo

O club conseguía o 5º e máis de 50 medallas a nivel individual

 

Un total de 26 equipos de toda Galicia participaban este domingo no campionato galego de inverno de natación máster celebrado en Lugo, entre os que estaba o o Club Natación Escualos Campus da Auga que obtiña 822 puntos e un meritorio 5º posto na clasificación final (por equipos, tanto o feminino como o masculino eran tamén quintos).

Nesta edición “o nivel do campionato foi altísimo con moitos récords galegos”, aseguran dende o club ourensán e así e todo, a nivel individual os Escualos lograban máis de 50 medallas destacando varios ouros do equipos de relevos.

Fotos CN Escualos Campus da Auga

 

Artigos relacionados

Back to top button