Os primeiros en completar o percorrido de 10 km do I Trail Magosto de Larouco o 2 de novembro eran os irmáns Alejo e Miriam Ares Prada, en categoría masculina e feminina, respectivamente. O atleta de Sobradelo era o primeiro en cruzar a liña de meta cun tempo de 33 minutos. O podio masculino completábase con Enrique Suárez, segundo, e Santiago Panizo, terceiro.
Na categoría feminina ganaba a carreira a súa irmá Miriam Ares, que volvía competir despois de case oito anos inactiva. Facíao ademais nunha modalidade totalmente nova para ela e lograba o primeiro triunfo co seu novo equipo, o Tres Lunas Valdeorras. Ares impoñíase a Lucía Rodríguez e Diana Vila.
Máis información e fotos:
https://osil.info/deporte-magosto-e-disfraces-de-samain-no-i-trail-e-andaina-de-larouco/
https://osil.info/mais-imaxes-do-i-trail-e-andaina-magosto-de-larouco/