A RúaConcellosÚltima hora

Os maiores co Centro de Día da Rúa conmemoran o 25N cun obradoiro especial

Elaboraron un cómic coa violencia de xénero como fío condutor que será exposto na praza do Concello

Imaxe da banda deseñada creada polos maiores do Centro de Día da Rúa. /Foto cedida.

 

Os maiores do Centro de Día da Rúa, centro que pertence á rede de centros de atención ós maiores da Xunta de Galicia, tamén participan nas actividades organizadas polo Concello con motivo do Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.

A súa colaboración quedou patente nun cómic que ten a temática da violencia de xénero como fío argumental e que levaron a cabo nun obradoiro especial celebrado no mes de novembro. Este cómic estará exposto nas inmediacións do Concello da Rúa o día 25 de novembro.

Ademais deste obradoiro, o Centro de Día da Rúa, que conta con 30 prazas para maiores, leva a cabo diversas actividades e proxectos coa comunidade, co obxectivo de promover hábitos de vida saudables, prevención da dependencia e promoción dun papel activo das persoas maiores na sociedade.

Artigos relacionados

Back to top button