ConcellosÚltima hora

“Os romanos construían para a eternidade”

O enxeñeiro de camiños Manuel Durán impartía no Barco a conferencia “As pontes romanas vistas dende o século XXI”
O conferenciante, Manuel Durán Fuentes./ Foto: Carlos G. Hervella.
O conferenciante, Manuel Durán Fuentes./ Foto: Carlos G. Hervella.

Da atracción, utilidade, simbolismo, técnica e valor das pontes dende a antigüidade ata a época actual falaba o enxeñeiro de camiños Manuel Durán Fuentes na conferencia, organizada polo Instituto de Estudios Valdeorreses, que impartía na tarde do 4 de decembro no salón de actos do edificio multiusos do Barco. Levaba por título “As pontes romanas vistas dende o século XXI” e nela facía unha introdución sobre a razón de ser e a importancia desta infraestrutura viaria. “A ponte ten un carácter utilitario, salva un obstáculo e ademais é un elemento estratéxico xa que a falta dunha ponte pode frear a un exército”, dicía Durán. Pero o seu valor vai moito máis alá: tamén crean paisaxes, inspiran arte (pintura, literatura, cinema…) e son “unha obra viva”.

A conferencia, organizada polo IEV, tiña lugar no multiusos do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
A conferencia, organizada polo IEV, tiña lugar no multiusos do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

A partir de aí Durán Fuentes, natural de Celanova, centrábase nas pontes romanas, destacando delas que “son sinónimo dunha obra resistente e ben executada. Os romanos construían para a eternidade”. Explicaba quen e como construía as pontes romanas, as súas singularidades e materiais e concluía facendo un percorrido polas pontes relacionadas coa Via Nova romana dende Braga (Portugal) ata Valdeorras.

Outro dos momentos desta ponencia./ Foto: Carlos G. Hervella.
Outro dos momentos desta ponencia./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button