A prealerta por seca, establecida pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil o pasado 5 de outubro, obriga ao Concello de Ourense a adoitar medidas no servizo de abastecemento e saneamento, canda a empresa concesionaria das augas ourensás, Viaqua. En concreto pretenden reducir os 2.500 metros cúbicos que consume a cidade diariamente.
Así, entre esas medidas, serán de carácter inmediato “para evitar futuras restricións na subministración de auga na cidade”, explicou na presentación de hoxe, 9 de outubro, a xerente de zona de Viaqua, Ana Freijeiro. Entre esas medidas está a redución sectorial da presión nocturna dalgunhas zonas concretas da capital “con redutores eléctricos de presión”, explicou o responsable de operacións de Viaqua, Francisco Bretán. Esta baixada de presión vai ser entre a 01:00 horas e as 06:00 horas “os cidadáns non van notar esa redución de presión e será suficiente para chegar a todos os pisos”, dixo Bretán.
En canto as medidas adoitadas por parte do Concello de Ourense, o concelleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas, José Arújo, asegurou que “imos suspender o consumo continuo nas fontes ornamentais da cidade”, asemade van reducir os regos dos xardíns municipais “facéndoos en días alternos, para evitar o alto consumo”, dixo o edil; e finalmente van reducir os baldeos nas rúas “aínda que hai zonas que se fan necesarios, como é o Casco Vello, que ten unha grande actividade nas fins de semana”, dixo Araújo. En concreto, o 15% deses 2.500 metros cúbicos que consume a cidade vanse nestas accións.
Neste senso, o edil apelou á comprensión e axuda cidadá “por unha parte pedimos desculpas se os veciños ven as fontes en mal estado ou coa auga verde e, por outro lado, pedimos á xente que sae pola zona vella que utilice os lavabos dos locais e non mexen na rúa”.
E para que a colaboración cidadá sexa máis efectiva, a empresa concesionaria Viaqua, repartirá un folleto informativo coas “10 razóns para aforrar auga”, que se distribuirá entre as asociacións veciñais, nos centros educativos e na praza de abastos. Con el, van a dar a coñecer unha serie de medidas que deberán formar parte da vida cotiá e cos que cada persoa.
Texto: Carlos Asensio.