ConcellosPetínÚltima hora

Papá Noel fará este ano parada en Petín

Atenderá as peticións dos cativos, tanto a vindeira fin de semana como a de Nadal, subido no seu trineo

 

A situación sanitaria provocada polo coronavirus segue sendo complicada polo que non se recomendan celebracións multitudinarias. Pero iso non impide que os máis pequenos da casa teñan un Nadal cargado de ilusión.

Iso é o que pretenden dende o Concello de Petín que, se ben non teñen decidido como será a tarde de Reis, si teñen prevista unha sorpresa para os nenos na vindeira fin de semana. Trátase da visita de Papá Noel, quen dende o alto do seu trineo atenderá os desexos (en forma de carta) dos veciños máis cativos do municipio.

Tal como adianta a alcaldesa de Petín, Raquel Bautista, o entrañable personaxe esperará aos cativos á entrada do casco vello na tarde dos días 18 e 19 de decembro e tamén os días de Nadal, mantendo todas as medidas sanitarias. “En lugar de subilos ao colo terán que manter a distancia”, di Raquel, sen esquecer o uso da mascarilla.

 

Artigos relacionados

Back to top button