A inscrición para a Festa das Pandillas quedaba pechada esta mañá, “unha vez alcanzado o número máximo de participantes establecido para esta actividade”, segundo o Concello do Barco
Esta celebración, incluída no programa das Festas do Cristo, terá lugar o sábado, 16 de setembro, desde as 12,30 horas. na Praria Fluvial. Comezará cun concerto de “Los Íñigos” de acceso libre para todo o público, e continuará cun aperitivo popular, para o que era necesario que as pandillas se inscriban previamente, cun custo por persoa de 5 euros.
En total, inscribíronse para neste xantar 19 pandillas, con 350 persoas, número máximo de participantes previstos este ano para esta actividade. O ano pasado foron 250 os inscritos, o que supón para este ano un incremento do 40%. A concellería de Cultura do Barco valora moi positivamente a acollida rexistrada nesta actividade.