SanidadeÚltima hora

Penúltima sesión do Ciclo de Cine e Medicina con “A escafandra e a bolboreta”

Fotograma do filme.

O Colexio Oficial de Médicos de Ourense, en colaboración co Cineclube Padre Feijóo, organizan mañá martes, 23 de maio, a penúltima sesión do 3º Ciclo de Cine e Medicina coa proxección da pelícucla “A eboscafandra e a bolboreta” do pintor e director de cine norteamericano Julian Schnabel.

O filme está inspirado na novela do mesmo título escrita por Jean Domique Bauby, un relato autobiográfico no que narra en primeira persoa a súa experiencia, logo de sufrir un accidente cerebro vascular masivo que lle provoca a síndrome “Locked Syndrom”, é dicir, encerrado en si mesmo. Totalmente paralizado, sen poder comer, falar nin respirar sen asistencia dunha máquina, a redactora da revista “Elle” dicta letra por letra, e el páraa movendo só a pálpebra esquerda, coma unha especie de viaxe inmóbil.

Coa interpretación de Mattieu Almaric no papel protagonista, este filme levou 66 premios e 93 nomeamentos. Melor director en Cannes 2008; Globo de Ouro ao Mellor Director e Mellor Película Estranxeira, no 2008 tamén; e César (Premio Goia Franceses) ao Mellor Actor, no mesmo ano.

O pase será en tres sesións: 18:00, 20:30 e 23:00 na Biblioteca Pública de Ourense. A entrada terá un custo de 4 euros para asociados e 5 euros para o público xeral.

Artigos relacionados

Back to top button