CulturaCulturaÚltima hora

Preestrea da curtametraxe “Barxacova”, o 11 de agosto no cinema de verán de Parada de Sil

A praza do Curtiñeiro de Parada de Sil acollerá o venres 11 de agosto ás 19h, a preestrea da curtametraxe “Barxacova” seleccionada por AGADIC para formar parte do catálogo “Shorts From Galicia 2023” con presenza no Festival Internacional de Curtas Clermont-Ferrand. O acto contará coa presenza da directora do filme, Rosa Taboada,c o actor protagonista Alfonso Míguez, co guionista Xosé Gallego así como co resto do equipo da curta.

“Barxacova” é una produción de Martela Films seleccionada polo Festival de Cine de San Sebastián (ZINEMALDÍA) para formar parte da súa edición 2022 dentro do Industry Club “Meet Them”. Acadou o Premio Fondos do Reino Medieval de Galicia da Deputación da Coruña 2021-22.

 

 

A directora e produtora Rosa Taboada, filósofa de formación, ten unha longa traxectoria adicada á creación audiovisual. Os seus traballos acadaron premios recoñecidos coma o Xohana Torres do Concello de Santiago polo seu filme documental “Na procura da Luz” sobre a poeta e membro da Real Academia Gaelga (RAG) Luz Pozo Garza. Foi finalista do certame de fotografía Premio Luis Ksado con unha serie fotográfica da súa curta “Os paraísos artificiais”, realizada baixo a supervisión de Víctor Erice. Os seus traballos adoitan a estar relacionados coa arte e a cultura pero tamén coa defensa pola igualdade de xénero así coma denuncia de temas sociais, minorías, pensamento e reflexión crítica.

Artigos relacionados

Back to top button