PolíticaÚltima hora

Presentación da candidatura socialista en Ourense, co barquense Eduardo Ojea como número 4

Gonzalo Caballero aseguraba no acto que a provincia "ten que abrir un novo tempo" no 12X

 

As proximidades da ponte romana de Ourense convertíanse esta tarde en escenario da presentación da candidatura que o PSdeG presentará na provincia de Ourense ás vindeiras eleccións galegas do 12 de xullo, un acto que contaba coa presenza do candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero.

“Necesitamos transparencia, necesitamos progreso, Ourense ten que abrir un novo tempo”, destacaba Caballero, xunto aos membros da lista na provincia, que encabeza Marina Ortega, seguida de Juan Carlos Francisco Rivera, María Carmen Rodríguez e do valdeorrés Eduardo Ojea.

Caballero destacaba que o vindeiro 12X “os galegos xogámonos o futuro do país, decidimos se Galicia avanza e afronta a reconstrución para que ninguén quede atrás ou se seguimos coas políticas dun PP que, en 11 anos de gobernos de Feijóo, destruíu 70.000 empregos en Galicia, reduciu o investimento en gasto sanitario en 2.000 millóns de euros, reduciu en 500 camas as dispoñibilidade nos hospitais públicos de Galicia e non fixo unha soa residencia para maiores con compoñente público en residencias públicas. Galicia necesita dar un paso adiante e dalo de man dunha forza política que representa a capacidade de goberno, un cambio con garantías no que os galegos poden confiar”.

Nese senso, o candidato socialista á Xunta defende un goberno galego que cree “prazas en residencias públicas para maiores, que cre na educación pública ou que cre na importancia dos servizos públicos. A única forza que garante un cambio político de impulso para o país é o PSdeG-PSOE”.

 

 

Ademais neste acto público, que contaba coa asistencia de diversos alcaldes socialistas da provincia, Caballero amosou, en nome do partido, o seu respaldo rotundo a “Rafael Vilariño, quen foi a cabeza de cartel da lista máis votada na cidade de Ourense, e tamén ao subdelegado do Goberno na provincia que fai unha tarefa dignísima”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Candidatura do PSdeG-PSOE na provincia de Ourense

 

Artigos relacionados

Back to top button