ConcellosO BarcoÚltima hora

Procesión de Corpus Christi no Barco

 

Despois da misa de Corpus Christi, que se iniciaba ás 12h., a procesión co Corpo de Cristo percorría a estrada xeral do Barco, con paradas en altares, e logo continuaba pola zona vella, onde a veciñanza decoraba con alfombras o traxecto desta comitiva relixiosa, encabezada polos nenos de Primeira Comuñón.

 

 

 

Ademais ao entrar na rúa San Roque, tamén se botaban dende os balcóns pétalos de flores ao paso do Corpo de Cristo, que ía baixo palio, portado polo párroco do Barco, Jesús Álvarez. A procesión proseguía, tras pararse nun altar colocado en San Roque, polas rúas Real e Escura en dirección á igrexa de San Mauro. Numerosas persoas traballaban nos últimos días, e especialmente o sábado e na madrugada do domingo para facer posibles estes coloristas tapices.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button