
Na asemblea xeral ordinaria da Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea, celebrada o pasado 26 de abril acordábase que dita asociación se presentara como “organización candidata a converterse en entidade colaboradora na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027”, explica o presidente, Francisco Magide.
Dende o GDR Sil-Bibei-Navea, entidade que se rexe polo principio de portas abertas, lembran a todo tipo de entidades (asociación de mulleres, mozos, acción social, sector agrario, empresariais, culturais,…) que “poden entrar a formar parte da asociación e participar na elaboración da estratexia de desenvolvemento local participativo para o período 2023-2027, así como, contribuír ao desenvolvemento do territorio”.
A solicitude de adhesión poderase facer na sede da oficina sita en A Pobra de Trives, no teléfono 988 346 169 ou a través do correo electrónico informacion@gdrsilbibeinavea.com
Máis información na páxina web: www.gdrsilbibeinavea.com.