OurenseÚltima hora

Protección Civil de Ourense entrega os primeiros equipos de protección elaborados por colaboradores de “La Molinera”

O Concello puxo á disposición dos voluntarios “maker” as impresoras 3D e o material para realizar os produtos

 

Na xornada do 24 de marzo, efectivos de Protección Civil do Concello de Ourense entregaban algo máis de cen  viseiras protectoras, os primeiros equipos de protección individual (EPI) elaboradas polos voluntarios “maker” colaboradores do Centro de Coñecemento de La Molinera, co material facilitado polo Concello (impresoras 3D, e bobinas de PLA). A entrega tiña lugar no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO)  e tamén a varios particulares que manteñen o illamento, para cando teñan necesidade de saír.

Segundo as previsións, e despois de que se puxese en marcha o proceso, o rendemento estimado é que cada hora se poida producir un equipo destas características, polo que serían 8 ao día. Desde La Molinera sinálase que se espera contar cunha trintena de maquinas, o que permitirá realizar unhas 200 viseiras protectoras ao día, co que se poderá estar en disposición de poder entregar un milleiro delas nesta semana.

Isto permitirá que por parte dos voluntarios de Protección Civil se recollan en La Molinera e se poidan trasladar estes equipos aos centros sanitarios de Ourense que os precisen e paralelamente distribuílos tamén a aqueles centros que manteñen a súa actividade, especialmente no sector da alimentación, quioscos e outros centros os que acoden os cidadáns.

Artigos relacionados

Back to top button