En portadaÚltima hora

A provincia amence cuberta polo fume e a cinza dos incendios forestais

Abrumada e preocupada polo fume e a cinza amencía a poboación ourensá na mañá do 16 de outubro. Era tal a intensidade que pasadas as nove e media da maña aínda era noite.

A situación que está a vivir Galicia enteira por mor dos incencios forestaris é preocupante e ás 8:01 a Consellería do Medio Rural actualizaba o mapa co índice de risco diario de incendio forestal (IRDI), sendo a provincia de Ourense a máis afectada.

 

En total son 105 os incendios en Galicia, segundo os datos feitos públicos polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na comparecencia pública tras o Consello da Xunta extraordinario celebrado esta mañá. De nivel 2, hai 5 na provincia de Lugo, destacando os de Monforte de Lemos e Pantón, onde esta cortada a N-120.

En Ourense hai rexistrados 35 incencios. Os que máis preocupan neste momento son 4: Lobios, Chandrexa de Queixa, Baños de Molgas e San Cristovo de Cea. Hai ademais numerosos núcleos de poboación desaloxados, en concellos como Parada de Sil, Lobios, Muíños e Carballeda de Avia. Neste último, houbo un falecido, un home de 78 anos e o concello quedou arrasado nun 70% da superficie polo lume, segundo o seu alcalde. No caso de Castro Caldelas, rexistrábase un incendio no mesmo casco urbano, nas proximidades do colexio que non foi necesario desaloxar.

Segundo os datos facilitados pola Consellería ás 10:30h. hai máis de trinta incendios activos en toda Galicia: dous en Cervantes, un en Friol, un en Monforte, un en Pantón, un en Cervantes, un en Samos, un en Triacastela, un en Parada de Sil, un en San Cristovo de Cea, un en Baños de Molgas, un en Chandrexa de Queixa (Chaveán), un en Paderne de Allariz, un en Lobios, un en Vilar de Barrio, un en Piñor, un en Melón, dous en Maceda, un en Esgos, tres en Montederramo, dous na Gudiña, un en Ponteareas, un en Salvaterra de Miño, un en Gondomar, un nas Neves, un en Baiona, un en Nigrán, e un en Silleda. Están estabilizados dous en Vilariño de Conso (Chaguazoso e Veigas de Camba) e San Xoán de Río (Cerdeira). E controlados os de Vilardevós, Sabuguido e Castiñeira (Vilariño de Conso), Vilamarín, Cantoña (Paderne de Allariz), Queixa e Río Caldo (Lobios).

Ante a situación de emerxencia provocada polos lumes que afectan a Vigo e a súa contorna, a Universidade decidía suspender a actividade docente deste luns, 16 de outubro, no Campus de Vigo.

https://osil.info/fume-dos-incendios-cubre-vilamartin-de-valdeorras/

https://osil.info/fume-toma-barco/

https://osil.info/rua-envolta-polo-fume-dos-incendios/

 

Artigos relacionados

Back to top button