CulturaCulturaÚltima hora

Puri Escuredo presenta “Destino”, a súa primeira novela, o 23 de abril en Vilariño de Conso

O acto, no que a autora estará acompañada por Justo Calviño e polo neto deste escritor, terá lugar ás 13h. no colexio

Puri Escuredo, autora de “Destino”./ Foto: Estela Barone.

 

A historia levaba moito tempo tempo dando voltas na cabeza de Puri Escuredo. Primeiro en forma de conto e, finalmente, acabou plasmándose en forma de novela. Foi un camiño apaixonante, pero tamén longo, que comezaba no 2014 e remataba no 2022. Agora “Destino”, que é como titulaba a súa novela vén de saír á luz grazas a un proxecto de micromecenado que a súa autora, veciña do municipio de Vilariño de Conso, iniciaba coa editorial Libros.com.

O libro presentarase o vindeiro 23 de abril ás 13h. no CEIP de Vilariño de Conso. Neste acto, a autora estará acompañada por Justo Calvino, autor de “Os contos do avó”, entre outros libros e do seu neto Izan, intérprete de acordeón.

“Destino” é unha novale de amor, drama a misterio. Narra a historia de dous mozos, Eloy e Aurora, nos anos 30 do século pasado. Dúas persoas destinadas a atoparse, unidas por ese fío vermello que conecta ás almas xemelgas. Conta como os protagonistas viaxan desde unha aldea galega ata o outro lado do Atlántico atópanse a miles de quilómetros.

 

 

 

A obra ten un marcado compoñente social. Puri Escuredo quixo reivindicar e homenaxear aos seus devanceiros, a esas persoas que, grazas aos seus actos no pasado, fixeron do presente un lugar mellor. “Na novela quixen reflectir o férreo sistema de clases que existía, aproximar ao lector a como se vivía na contorna rural e facer un pouco de xustiza poética. Deille plena liberdade a Aurora para que transgreda todas as normas sociais da época. E, sobre todo, é unha sentida homenaxe aos meus”, asegura Puri Escuredo.

A autora

Puri Escuredo (Bilbao, 1970) é filla dunha familia de galegos que emigrou a País Vasco. Alí criouse e viviu ata que se mudou a Londres para máis tarde instalarse nunha aldea do municipio ourensán de Vilariño de Conso, en cuxo Concello traballa. Un lugar que agora é o seu fogar pero onde xa tiña raíces. Ese pasado fusiónase coa historia principal da súa novelaa para darlle un toque persoal e orixinal. Réndelle ademais unha homenaxe á súa avoa e a todas esas persoas que xunto a ela crearon unha identidade e unha vinculación coa súa aldea.

 

Artigos relacionados

Back to top button