CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Reencontro da promoción de 1969 do Colexio Divina Pastora do Barco

 

Despois de moitas décadas de ter deixado as súas aulas, alumnos da promoción de 1969 do Colexio Divina Pastora do Barco regresaban a este centro educativo no que cursaban a antiga Educación Xeral Básica (EXB) o 25 de febreiro. Foi un reencontro moi emotivo entre eles, xa que había algúns que non se vían dende esa época e tamén co propio colexio.

 

 

En total xuntábanse 28 persoas que despois asistían a unha cea-celebración no Restaurante Fernando III do Barco, onde retornaban a eses anos da infancia e mocidade compartindo lembranzas e anécdotas. “Fíxonos moita ilusión e estamos moi contentos de ternos reencontrado, pásamolo xenial”, comentan os participantes. Ademais adiantan que a intención é volver organizar outra reunión deste tipo xa que “houbo moita xente que non puido vir”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button