ConcellosO BarcoÚltima hora

Restrinxido o tráfico na zona vella do Barco a residentes e carga e descarga a partir do luns

A Policía Local reforzará a súa presenza para realizar tarefas de control e información aos veciños e aos condutores

 

O próximo luns, 18 de febreiro, comezará a aplicarse o Plan de Mobilidade na zona vella do Barco. Nas rúas existentes nesa zona, o tráfico de vehículos de tracción mecánica quedará reducido unicamente para residentes e para carga e descarga.

“Co fin de dar prioridade aos peóns e garantir a seguridade vial na zona, o límite de velocidade para os vehículos que circulen polas rúas do casco vello será de 20 km por hora, e alí onde se implanta o plan circularán tamén bicicletas e vehículos de mobilidade persoal”.

No que ten que ver co aparcadoiro dos coches, e unha vez finalizadas as obras de urbanización da praza das Airas, non se poderá estacionar nesta zona. Para facilitar o estacionamento de vehículos aos veciños, o concello habilitou unha zona de parking gratuíto para dar servizo a toda a zona. Tamén se reubicaron os contedores de lixo, que agora están preto do aparcadoiro.

A Policía Local reforzará a súa presenza no Casco Vello desde o luns, para realizar tarefas de control e información aos veciños e aos condutores, co fin de conseguir unha boa implantación destas novas medidas sen ter que recorrer a sancións.

Artigos relacionados

Back to top button