ConcellosEntroido 2023ManzanedaÚltima hora

Ronda de folión polas rúas de Raigada (Manzaneda)

 

Os bombos, cornas e sachos volvían soar na noite deste sábado 21 de xaneiro nas terras de Manzaneda e as Mázcaras escenificaban a súa singular danza xiratoria. O Fulión da Mourela p’acá realizaba a súa segunda saída no que vai de ano, desta volta visitando a localidade de Raigada.

Mantendo o ritual, as Mázcaras da comitiva adiantábase á entrada da aldea para solicitar en verso o permiso en verso. “Rondaremos o pobo enteiro,/ dende o Castiñeiro ata o Pendón/ e faremos algunha paradiña/ para probar os chourizos novos e o salchichón./ E agora pídovolo permiso“, indicaba esta Mázcara. Ao que a representante do pobo visitado respostaba: “O permiso xa o tedes/ sachos, bombos e aixadas/ xa podedes empezar a tocar/ non vos demoredes moito/ porque a ronda é moi longa/ para que as Mázcaras poidan bailar/ e todos xuntos poidamos desfrutar“.

O son das chocas das Mázcaras, seguido das cornas e os bombos marcaba o inicio dunha ronda por Raigada, precedida polas danzas destas elegantes figuras enmascaradas. No traxecto facíanse nas que os membros do fulión eran agasallados con doces e outros alimentos, así como con bebidas. Ao rematar o percorrido, tiña lugar unha cea de confranternidade.

Artigos relacionados

Back to top button