ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Saudable ruta en bicicleta polas rúas do Barco de Valdeorras

Alumnos de 4º e 5º de Primaria do colexio Divina Pastora participaron nesta actividade do departamento de EF

Máis adiante irán os maiores, pero na tarde do 4 de maio eran os alumnos de 4º e 5º de Primaria do Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras, os que participaban na ruta en bicicleta organizada polo departamento de Educación Física. Unha actividade que realizan cada curso para fomentar hábitos saudables.

A comitiva, coa profesora Marta á cabeza e acompañada por membros da Policía Local do Barco e do GES, saía dende o colexio ás 15 horas iniciando un percorrido polas rúas do Barco que os levaría ata Viloira e o Polígono da Raña, regresando ao centro pola avenida de Galicia e a rúa Marcelino Suárez.

Fotos: Mónica G. Bellver excepto as tres últimas que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button