Volven repuntar os casos activos de coronavirus no Barco. Segundo os últimos datos comunicados neste 18 de xaneiro polo Sergas ao Concello, o municipio rexistra 9 positivos, 3 máis que o pasado venres 15 de xaneiro.
En canto ao número de novos casos de Covid-19 diagnosticados no Barco nos últimos 14 días, éstes seguen manténdose entre 1 e 9 casos, se ben rexístrase un incremento na incidencia acumulada para o concello que pasa de ≤25 o 15 de xaneiro a >50 e ≤150 neste luns, segundo a Consellería de Sanidade.