
Dende o Concello de Sober vén de poñerse a disposición dos estudantes universitarios e dos de secundaria a Biblioteca Pública Municipal e a Aula Municipal de Novas Tecnoloxías, ambos espazos con acceso gratuíto a internet. “Para facer uso das instalacións tan só terán que pedir cita previa a través do teléfono ou do correo electrónico”, indican dende esta administración local.
Así, o Concello de Sober pon a disposición do alumnado que o necesite ambos servizos para que poidan seguir cos seus estudos nun ambiente tranquilo. Ademais indica que “cumpriranse os protocolos necesarios de distancia entre usuarios, así como a desinfección dos locais e de todo o material de xeito continuado”.
Teléfonos de contacto para pedir cita: 982 400513 e 982 460414
E-mail: biblioteca@concellodesober.com
informatica@concellodesober.com
