ConcellosÚltima hora

Teresa Romero será nomeada filla adoptiva de Becerreá

A proposta será ratificada este mesmo mes nun Pleno Extraordinario para conceder oficialmente esta distinción
A auxiliar de enfermeiría Teresa Romero e o seu marido no Concello de Becerreá.
A auxiliar de enfermeiría Teresa Romero e o seu marido no Concello de Becerreá.

O alcalde de Becerreá (Lugo), Manuel Martínez, reuníase con Teresa Romero na mañá do 10 de novembro. No encontro, o rexedor socialista trasladáballe a proposta da alcadía para ser nomeada Filla Adoptiva de Becerreá. Romero aceptábaa. “É unha satisfacción conceder esta distinción a Teresa, non porque tivese ébola, senón pola solidariedade e coraxe que demostrou, e segue a demostrar, antes de contraer esta enfermidade, durante e despois da súa recuperación. Todo o pobo de Becerreá está orgulloso de Teresa. Ten o apoio de todos os veciños”, sinalaba o rexedor socialista ao remate da reunión.

O Concello celebrará este mesmo mes un pleno extraordinario, no que se aprobará a proposta da Alcaldía. Isto permitirá conceder oficialmente esta distinción a Romero en decembro, unha vez de volta a Becerreá tras as revisións médicas ordinarias que ten que realizar en Madrid.

Ademais Martínez incidía en que “é un satisfacción conceder esta distinción a Teresa, non porque tivese ébola, senón pola solidariedade e coraxe que demostrou, e segue a demostrar, antes de contraer esta enfermidade, durante e despois da súa recuperación. Todo o pobo de Becerreá apoia conceder esta distinción porque está orgulloso de Teresa. Ten o apoio de todos os veciños, tal e como lle fixeron saber esta mesma fin de semana durante a celebración do Magosto que organizamos dende o Concello todos os anos, e onde Teresa foi recibida coa ovación e cariño dos seus veciños”.

Artigos relacionados

Back to top button