A RúaConcellosÚltima hora

Un accidente de tráfico na entrada da Rúa, no que se vía implicado o árbitro, obrigaba a retrasar o partido de fútbol

O suceso tiña lugar na rotonda do Pablo VI en torno ás catro e media da tarde deste domingo 16 de abril

Rotonda do Pablo VI onde se producía o accidente./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na tarde deste domingo 16 de abril producíase un accidente de tráfico nunha das rotondas de acceso á Rúa. En concreto era na chamada rotonda do Pablo VI cando en torno ás catro e media cando se producía a colisión entre un turismo que accedía á confluencia entre a OU-603, a rúa Progreso e a OU-609 e unha moto.

No coche viaxaba o árbitro que debía pitar no partido previsto para as cinco da tarde no campo Vicente Solarat Maceda entre o CD Rúa e a ADF Molgas, que tiña que ser retrasado máis de media hora aínda que finalmente pudo celebrarse sen problema dado que o colexiado non sufrira lesión algunha.

Na moto viaxaba unha parella e a muller que ía na parte de atrás era trasladada ao Hospital Público Valdeorras, tal como informan dende a Policía Local da Rúa que se presentaba no lugar do accidente. Tamén acudían unha ambulancia do 061, os bombeiros e a Garda Civil.

 

Un dos vehículos implicados no accidente./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button