ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Un accidente de tráfico no Bolo, entre as incidencias da tormenta en Valdeorras

Ademais formábase un importante charco de auga na estrada de Rubiá e pequenos desprendementos na N-536

Á parte do Barco, tamén outras partes da comarca de Valdeorras víanse afectadas pola forte treboada de chuvia e saraiba desta tarde de 8 de xullo. Entre as 18h. e as 20h. a tormenta deixaba diversas incidencias ante as que foi necesaria a intervención da Garda Civil do Barco e de Conservación de Estradas.

Unha delas era un accidente de tráfico que se producía á altura do km 36 da OU-533, no termo municipal do Bolo. Un vehículo saíase da vía pola marxe esquerda e chocaba contra o valado de protección con diversos danos materiais.

 

Gran charco de auga na estrada de Rubiá.

Por outra banda, no termo municipal de Rubiá formábase un importante charco de auga na estrada no quilómetro 451,800. Ademais producíanse pequenos desprendementos na N-536, un deles entre O Barco e Sobradelo e outros no termo municipal do Barco.

Estas incidencias xa foron solucionadas.

 

Artigos relacionados

Back to top button