Arredor da unha e media da tarde deste 22 de setembro un aviso de incendio nunha vivenda do Barco mobilizaba aos efectivos de emerxencias, segundo o 112 Galicia. Ardía un forno no primeiro piso dun edificio situado na avenida Manuel Quiroga da vila. Ata o lugar desprazábanse de inmediato os bombeiros do GES Valdeorras, os do parque comarcal, así como a Policía Local e a Garda Civil.
Segundo as primeiras informacións, non houbo que lamentar danos persoais e o incendio só afectou a oforno da vivenda, e inmediamente procedeuse a ventilar o piso no que se acumulou fume.