ConcellosÚltima hora

Un contedor amarelo xigante informa no Barco sobre a campaña de reciclaxe dos envases de plástico

É unha das actuacións concretas no casco urbano incluídas na campaña “Recicla, respira e supérate”

Cun contedor amarelo de grandes dimensións se atopaban esta mañá os veciños do Barco de Valdeorras que pasaban pola praza do Concello. Trátase dunha das chamadas de atención sobre a campaña “Recicla, respira e supérate”, posta en marcha por la Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes para buscar una mellora na achega de residuos aos contedores amarelos.

O Barco é un dos 15 concellos de Galicia incluídos na campaña e xa foron varias as iniciativas que se levaron a cabo para concienciar aos cidadáns sobre e a importancia que ten para o medio ambiente, separar correctamente os residuos no contedor amarelo (por cada 6 latas recicladas contrarréstanse 10 minutos de expulsión de CO2 dun tubo de escape).

Pintáronse graffitis inversos (de grande impacto visual con diferentes mensaxes sobre o reto pintados no chan), iluminouse o edificio do Concello e, na mañá do 6 de xuño, continuando coas actuacións concretas no casco urbano, instalaron un contedor amarelo xigante na praza do Concello, para informar sobre a reciclaxe de lixo e máis en concreto o uso idóneo do contedor amarelo. Ademai, na feira mensual de Viloira Ecoembes isntalou unha carpa dando información aos vecinos sobre este mesmo tema.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button