A Guardia Civil de Tráfico detectou onte, 7 de xuño cara ás 10:00 horas, a un condutor que circulaba a 225 quilómetros pola AG-53 que transcorre entre Santiago e Ourense. Concretamente, segundo informaron dende o Instituto Armado, foi no punto quilométrico 66,500, preto do Carballiño. Todo isto actonteceu durante un control rutinario establecido nesta estrada.
Segundo a información aportada polos axentes, o condutor ía dirección Ourense e é procedente de Teo (A Coruña), e ten 39 anos. Os axentes formularon o atestado no que se especifica la suposta comisión dun Delito Contra a Seguridade do Tráfico, “ao haber superado a velocidade permitida en vía periurbana”, limitada neste caso a 120 quilómetros por hora, recalcaron fontes da Guardia Civil. Por este motivo, ao haberes superado o condutor a velocidade máxima permitida en “máis de 80 quilómetros por hora” poderá ser condenado xudicialmente “a pena de prisión de tres a seis meses ou a unha multa de seis a doce meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días e, en calquera caso, sería condenado á privación do dereito a conducir por un tempo superior a un e ata catro anos”, establece o Código Penal.
Pola súa parte, o Regulamento Xeral de Circulación considera os excesos de velocidade como unha infracción grave ou moi grave, “sancionada cunha multa de 100 a 600 euros e a perda de entre 2 a 6 puntos, dependendo do exceso de velocidade cometido”, informan dende Tráfico.
Por ende, dende o Subsector de Tráfico da Guardia Civil de Ourense, realizan un chamamento á prudencia na condución “respectando todas as normas establecidas, o que contribúe a evitar accidentes de tráfico”, dixeron.