DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Un espectacular sprint pecha a cita española de augas bravas no Sil

Publicidade
Esta competición, cunha distancia duns 350 metros, desputábase por vez primeira na zona barquense das Cortes

Loitando contra os rápidos da zona barquense das Cortes concluía a competición española de descenso de augas bravas que se desputaba na fin de semana do 13 e 14 de maio no Barco. O tramo do río Sil na zona das Cortes convertíase, por vez primeira, en escenario da Copa España sprint, que se desenvolvía a partires das dez da mañá do domingo.

A diferenza doutras edicións, nas que esta proba se realizaba no Malecón, desta volta o tramo poñía á proba aos padexeiros que non podían despistarse en ningún momento. Nesta Copa de novo o Fluvial Barco acadaba bos resultados, con cinco podios, destacando o primeiro posto de Jesús Rodríguez León en K-1 senior.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información e fotos:
https://osil.info/o-fluvial-barco-colleita-cinco-novos-podios-na-casa-na-copa-espana-sprint/
https://osil.info/patrulla-fluvial-barco-campiona-da-copa-espana-clasica-de-augas-bravas-desputada-no-sil/
https://osil.info/o-fluvial-barco-recolle-14-premios-na-primeira-xornada-da-competicion-de-augas-bravas-no-sil/

Artigos relacionados

Back to top button