DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Fluvial Barco colleita cinco novos podios na casa na Copa España Sprint

Quedaba cuarto por clubs nesta cita de augas bravas, mentres que o Montaña Quixós de Monforte lograba a terceira posición

A entrega de premios da Copa España Sprint de Descenso de Augas Bravas poñía o broche a unha fin de semana, a do 13 e 14 de maio, que xiraba en torno ao piragüismo no Barco. Era a terceira competición española que se desenvolvía nestes dous días no Sil e era precisamente na súa beira onde se entregaban os premios.

O Fluvial Barco, organizador da cita xunto coa Federación Galega de Piragüismo, colleitaba outros cinco podios e ademais quedaba cuarto por clubs. Sobresaía a vitoria de Jesús Rodríguez León en K-1 senior, así como o segundo posto de Sergio Ruiz nesta mesma categoría. Ademais en veteranos Bernardo Sánchez proclamábase subcampión e Fernando García lograba o terceiro posto. Finalmente, en veteranas, Kissi Torres era segunda. Rozando o podio quedábase Marta Paradelo en K-1 senior cun cuarto posto.

Ademais do Fluvial Barco, na Copa participaba tamén o Fluvial Avión, cuxa padexeira Mónica María Piñeiro conseguía a vitoria en K-1 veterano. Por clubs, o mellor resultado desta competición sprint de augas bravas conseguíao o Sicoris Club de Lleida, mentres que o Montaña Quixós de Monforte de Lemos era terceiro.

Fotos: Ángeles Rodríguez
Máis información e fotos:
https://osil.info/un-espectacular-sprint-pecha-cita-espanola-de-augas-bravas-no-sil/
https://osil.info/patrulla-fluvial-barco-campiona-da-copa-espana-clasica-de-augas-bravas-desputada-no-sil/
https://osil.info/o-fluvial-barco-recolle-14-premios-na-primeira-xornada-da-competicion-de-augas-bravas-no-sil/

Artigos relacionados

Back to top button