ConcellosO BarcoÚltima hora

Unha cata infantil, entre as propostas do MiniSilfest no Barco

 

Moi variadas eran as actividades incluídas no programa do MiniSilfest, unha área destinada aos máis pequenos dentro da programación do SilFest Valdeorras 2023, que hoxe encara a súa xornada definitiva. Así, os nenos, da man da enóloga Cecilia Fernández descubrían e aprendían a recoñecer os aromas nunha cata infantil.

Despois participaban nunha ruta polo backstage do festival na que descubrían como, visitando cada unha das súas zonas, é un festival por dentro. As actividades do MiniSilfest comezaban onte con pintacaras, a elaboración dun mural e unha charla con Javier Becerra.

Fotos cedidas agás as dúas últimas da galería, que son de A.R.

Artigos relacionados

Back to top button