ConcellosSen categorizar

Unha imaxe singular en Lardeira

A procesión do Pai Eterno celebrarase o 15 de xuño ás 13h.
Procesión do Pai Eterno en Lardeira./ Foto: Carlos G. Hervella
Procesión do Pai Eterno en Lardeira./ Foto: Carlos G. Hervella

Ao tratarse dunha festa litúrxica variable, a data da celebración do Pai Eterno (o domingo seguinte ao de Pentecostés) oscila entre a segunda metade de maio e a primeira de xuño, sendo este ano o domingo día 15 de xuño. A orixe desta celebración que en el Lardeira se mantén con forza e devoción, pérdese no tempo.

Chegado o día grande, o 15 de xuño, haberá misas cada hora dende as 10 ata as 13h. Precisamente á unha será cando os veciños saquen en procesión a peculiar talla. Durante o percorrido os “ofrecidos” farán longas colas esperando o turno para pasar por debaixo das andas da santa imaxe. E trala procesión, na celebración da eucaristía, terá lugar outro dos actos característicos da festa: a entonación dos Gozos no momento de tomar de comunión. Primeiro os homes e despois as mulleres.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button