EconomíaEconomíaÚltima hora

Unha suculenta pinchada para celebrar o día dos praceiros do Barco

A iniciativa, que tiña lugar no mediodía do 28 de maio, enmarcábase no programa “Quere o teu mercado”

Embutidos diversos, mexillóns, brochetas de froitas, empanada, pementos… e ata bica. Cunha mesa chea de deliciosos pinchos eran recibidos os clientes da Praza de Abastos do Barco no mediodía do 28 de maio. Os praceiros celebraban o seu día no marco do programa “Quere o teu mercado”.

Cada un dos produtos desta apetitosa pinchada era doado polos diversos postos desta zona comercial. urante a mañá celebraban o seu día no marco do programa “Quere o teu mercado”. A degustación (organizada polos praceiros en colaboración coa Concellería de Promoción Económica, Turismo, Comercio e Consumo) estaba prevista entre as 12h. e as 13:30h. e contaba coa presenza do alcalde barquense, Alfredo García, e da concelleira de Comercio, Irena Dacal.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button